Figuras e factores básicos no seguro de transportes.

Figuras e factores básicos no seguro de transportes.

  • 12/07/2024

O seguro de transportes de mercadorías é un seguro complexo froito tanto da intenacionalización que caracteriza ao transporte de mercadorías á globalización e ao crecemento do comercio internacional e ao marco regulador do mesmo que integran os contratos que se establecen entre as partes e as lexislacións nacional e internacional.


Que é o seguro de transportes?

O seguro de transportes proporciona cobertura para a mercadoría durante o seu traslado desde o punto de orixe ata o destino final. Esta cobertura protexe contra riscos e danos que poidan ocorrer durante o transporte, xa sexa por estrada, ferrocarril, mar ou aire. Inclúe protección contra perdas, roubos, accidentes, e danos causados por factores como incendios, inundacións, ou colisións. O obxectivo principal deste seguro é asegurar que as empresas e propietarios da carga non sufran perdas financeiras debido a imprevistos durante o transporte dos seus bens.


Figuras básicas no transporte de mercadorías

No transporte de mercadorías, existen varias figuras esenciais que desempeñan funcións crave para garantir que as mercadorías se trasladen de maneira eficiente e segura, e que interveñen tamén no marco do seguro de transportes:

  • Cargador ou remitente: persoa ou entidade que envía as mercadorías. Encárgase de preparar, embalar e documentar adecuadamente a carga, asegurándose de que cumpra con todas as regulacións pertinentes para o transporte.
     
  • Transportista: persoa ou empresa que realiza o transporte físico das mercadorías. Pode operar en distintos modos de transporte, como terrestre, marítimo, aéreo ou ferroviario, e é responsable da seguridade e a entrega puntual da carga.
     
  • Consignatario ou destinatario: persoa ou entidade que recibe as mercadorías no destino final. Encárgase de verificar a entrega, comprobar o estado da mercadoría e realizar as xestións necesarias para a súa recepción.
     
  • Transitario ou axente de carga: intermediario entre o cargador e o transportista. Coordina e xestiona todos os aspectos loxísticos do transporte, incluíndo a contratación de transportistas, o despacho de aduanas, e a consolidación ou desconsolidación de cargas.
     
  • Operador loxístico: proporciona servizos integrais de xestión loxística, que poden incluír almacenamento, distribución, e xestión de inventarios, ademais do transporte de mercadorías. O seu obxectivo é optimizar a cadea de subministración.
     
  • Axente de aduanas: facilita o despacho de mercadorías a través das fronteiras. Encárgase de cumprir con todas as regulacións de importación e exportación, así como de xestionar os aranceis e outros impostos aduaneiros.
     
  • Compañía Aseguradora: proporciona cobertura de seguro para protexer a mercadoría contra riscos durante o transporte. Avalía os riscos, emite as pólizas de seguro, e xestiona as reclamacións en caso de perdas ou danos.
     
  • Consolidador de carga: combina cargas de varios remitentes nun só envío para aproveitar mellor o espazo e reducir custos. Isto é especialmente común no transporte marítimo e aéreo.
     
  • Desconsolidador de carga: separa e distribúe as cargas consolidadas nos seus respectivos destinos finais, asegurándose de que cada remitente reciba o seu parte da mercadoría.
     

Factores que inflúen no seguro de transporte

  • A mercadoría transportada: se é perecedoira, fráxil, inflamable... se se transporta refrixerada, en atmosfera controlada, ao natural... e abrigo como é o seu embajale.
  • O medio de transporte empregado e a súa calidade: terrestre, marítimo, aéreo ou combinado
  • O ámbito xeográfico: determina a lexislación aplicable, así como outros factores de risco tales como climatoloxía, distancia, situación sociopolítica etc.


Contacta con Clemente Piñeiro Correduría e axudarémosche a definir a modalidade de seguro de transportes que necesitas.



ETIQUETES

CLEMENTE PIÑEIRO é a túa correduría de seguros desde 1978.

Atendémosche con obxectividade e profesionalidade (xa sexas particular, autónomo ou empresa) para ofrecerche propostas de seguro adaptadas ao que realmente necesitas.

Autorización DGS 1555J
 

Correduría asociada a

ENLLAÇOS

ONDE ESTAMOS

Ronda Das Mercedes, 50 - Bajos
27002 Lugo
Cómo llegar

982 23 14 14

Horario de inverno:
Luns a Xoves de 9:30 a 14:30 e de 17:00 a 20:00.
Venres de 9:30 a 15:00.

Horario de verán:
Luns a Xoves de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Venres de 9:00 a 15:00.s